As aves

Os meses que aparecen en negriña depois do texto de cada especie son daqueles nos que se avistou a especie nas viaxes realizadas no “Chasula”.

Pouco comúns

Especies pouco comúns, difíciles de ver noutras partes de Europa, son os nosos “obxectivos” durante as viaxes peláxicas: 

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus). Visitante estival do Atlántico S, regular mar afóra, a miúdo en pequenos grupos. A maior parte dos avistamentos son de maio a novembro, especialmente de xullo a outubro. (xuño, xullo, agosto, setembro, outubro)

Gaivota de Sabine (Larus sabini). Rexistrada case todo o ano, pero a maior parte das citas son de xullo ata novembro. Normalmente en grupos. Aves en plumaxe estival completa son vistas ata setembro. Cría no alto Ártico, e inverna no Atlántico Sur. (agosto, setembro, outubro)

Pardela encapuchada (Puffinus gravis). Vista mar afóra de xullo a decembro, con “picos” en agosto e novembro. Escasa mar afóra do W de Galiza, pero avistada de xeito regular, incluso desde cabos, na costa N.  (setembro, outubro)

Palleira rabilonga (Stercorarius longicaudus). Escasa no W de Galiza, pero a miúdo observada (incluso en grupos) mar afóra do N galego, principalmente entre agosto e outubro. Os adultos con longas rectrices completas son un avistamento moi aprezado durante as viaxes peláxicas. (setembro, outubro).


Palleira pomarina (Stercorarius pomarinus). Pouco común, rexistrada desde agosto ata novembro. Tanto os xuvenís (a miúdo aves de morfo escuro) como adultos coa cola completa son vistos mar afóra, perseguindo carráns. (setembro, outubro)

Medianamente comúns

Especies bastante comúns, doadas de ver nalgunhas partes de Europa, pero sempre resultan un avistamento fermoso durante as nosas viaxes peláxicas:

Gaivina negra (Chlidonias niger). Especie escasa pero regular no W de Galiza, vista desde xullo ata outubro, especialmente en setembro.
(setembro)

Palleira grande (Stercorarius skua). Común en números baixos ao W de Galiza, case todo o ano, pero ten un “pico” entre agosto e novembro. (febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, decembro)

Pardela escura (Puffinus griseus). Pouco común no W de Galiza, pero ten un “pico” de abundancia en outubro, con treboadas do W. (xuño, setembro, outubro)

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus). Vista regularmente mar afóra do W de Galiza, incluso desde terra. Un durmidoiro da especie foi descuberto en Bueu, con ducias de aves a finais do verán. (maio, agosto, setembro, outubro)

Pentumeiro (Melanitta nigra). Pato mariño mergullador migrante e invernante en Galiza, en declive, a miúdo visto en grupos preto da liña de costa e/ou migrando en grupos densos, case todo o ano (a migración ten un “pico” entre setembro e decembro no W de Galiza).
(marzo, agosto, setembro, outubro, decembro)

Comúns

Pardela cincenta (Calonectris diomedea). Común mar afóra do W de Galiza desde abril a outubro, vista normalmente solitaria ou en pequenos grupos. (xuño, xullo, agosto, setembro, outubro).


Carrán común (Sterna hirundo). Frecuente mar afóra do W de Galiza de abril a xuño e de agosto a novembro, tendo un “pico” de abundancia en maio e en setembro-outubro. A miúdo en pequenos grupos. (maio, agosto, setembro, outubro)

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus). Vista regularmente mar afóra do W de Galiza, case todo o ano, pero ten un “pico” de abril a xuño e en setembro-outubro. Foron rexistrados durmidoiros de ata 1500 aves a finais dos anos 90 na baía da Lanzada (O Grove/Sanxenxo). (maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro)

Mascato (Morus bassanus). Un avistamento común mar afóra do W de Galiza todo o ano, pero ten maior abundancia en febreiro-abril (adultos) e agosto-decembro (todas as clases de idade). (febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, decembro)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Sea Birds & Cetaceans in Galicia

A %d blogueros les gusta esto: